Bangkok
ADOITO seguir con interese as noticias que chegan das cidades ou vilas que visitei algunha vez, sobre todo se están tan lonxe ou son tan cativas que as novas chegan de ano en ano. Hai unhas semanas estivo no centro da actualidade, por unha liorta política, unha delas, Bangkok. A capital tailandesa podería ser un modelo de cidade futurista, desas nas que as autopistas sobrevoan unhas por riba das outras (vin ata catro niveis), onde é habitual ver á xente pola rúa con máscaras e onde un pode estar no centro, relativamente, pero estás no quinto pemento. Ademais, cando vas de turista non ves onde vive a xente normal, senón onde traballa. Recordo que da cidade chamáranme a atención dúas cousas: unha, o incesante ir e vir dos seus habitantes, a xente que era quen de instalar en calquera beirarrúa un posto da cousa máis estraña do mundo (en Chiang Mai, outra das grandes cidades tailandesas, vendían arañas e formigas fritidas), fose a hora que fose. A outra era esa cheirume a podre que de cando en vez saía dos sumidoiros: é curioso, na avanzada Lugo, en pleno centro, algunha vez téñome atopado con ese mesmo cheiro miasmático. Alí atribuíao ao calor húmido; aquí, non sei; será que, no fondo, todas as cidades teñen as mesmas miserias.
Tags: De re varia

17 de Xuño , 2010 - 19:59 pm
Vilas e cidades.
Mira para onde me mandan este vrao:http://www.youtube.com/watch?v=gIHaosjApm4.
Vaaaaale,non me podo queixar,pero é que antes ía ser aquí http://www.youtube.com/watch?v=FH8vgAp4VDU.
Desta volta atraeume a melancolía do final do teu Bangkok.
Ben polo cambio na configuración da páxina.Probarás con cores coma fondo ou nos laterais?
20 de Xuño , 2010 - 10:13 am
Hay,hay,hay FEijooooooooooooooo si no sabe para que se mete!!!!!!!!!No puede ud. acusar a las coaliciones de gobierno de las diputaciones de despilfarro cuando la de Ourense, gobernada durante 20 años por el PPdeG al que ud. pertenece , dedica gran parte de su presupuesto a gastos corrientes y de personal, Diputación inflada con personal perteneciente a las bases del PP al que ud. pertenece y tampoco debiera de acusar al Partido Socialista, favorito en las encuestas de intención de voto para las municipales, de financiación ilegal y solicitarle explicaciones al respecto, cuando nadie del PPdeG se ha pronunciado sobre su presunta implicación en la trama Gürtel y trata de pasar de puntillas por el caso de Gondomar.
Etica sr. Feijoo ud. muy poca.
21 de Xuño , 2010 - 20:24 pm
Que terá que ver o que vostede di con este artigo? Ou é que algúns non saben o que facer con tal de levar as súas obsesións a todas partes?